domingo, 20 de abril de 2008

Deporte versus muller

María Xosé Porteiro
Concelleira Concello de Vigo


Se temos en conta o xénero, nos derradeiros anos recórtanse as diferencias entre as persoas que practican deporte. A pesar desta circunstancia, aínda hoxe o deporte, desde un punto de vista social, ten un patrón masculino. Estes patróns e esterotipos de comportamento condicinan a imaxe da muller no deporte e a imaxe da propia practicante.

Tal vez o condicinante máis importante sexa o de arrastrar uns modelos de comportamento que imperan na filoxénesis da estructura social, ata o punto de que se deron casos como o de Abby Hofman, que tivo que disfrazarse de home para poder participar nun torneo de Hockei. Desde o nacemento do "sport", estes modelos romperonse en múltiples ocasións por mulleres, como é o caso de Charlotte Cooper, que foi a primeira en obter unha medalla de ouro nuns Xogos Olímpicos. Mulleres como ela foron pioneiras nas súas respectivas modalidades deportivas. A sociedade do seu tempo identificounas con modelos masculinos, considerando, ademais, que existían deportes vedados ás mulleres ou non aptos para elas.

A muller comenzou a competir na modalidade de tenis nos Xogos Olímpicos de París en 1990. Nos Xogos de San Luís iniciouse no tiro con arco. Choveu moito desde entón, pero estamos lonxe de estar á par co home. Nos Xogos Olímpicos de Sydney, as mulleres competiron practicamente en todas as modalidades deportivas, pero non chegaron a supoñer o 40 % dos deportistas inscritos.

Se analizamos o número de cargos directivos ocupados por mulleres na estructura olímpica podemos dicir que a súa presencia é mínima. De todos os xeitos o COI potenciou unha discriminación positiva, ao fixarse como obxectivo que no ano 2005 o 20 % dos seus cargos directivos sexan ocupados por mulleres.

Para xustificar a segregación de xénero na composición empréganse, entre outros, argumentos feministas do tipo: se esta non existise, a muller nunca destacaría en ningún deporte. Ese siloxismo é falso, dado que non é común en todos os deportes. Sirva como exemplo o caso da china Zhang Shan, que durante os Xogos Olímpicos de Barcelona, nunha competición mixta de tiro, gañou a medalla de ouro e bateu a marca olímpica existente. A pesar deste precedente, no ano 2000, en Sydney estableceuse a segregación na competición, separando por xéneros aos deportistas.

Maila os exemplos que indicamos, o deporte obedece ao paradigma de citus, altius e fortius mais relacionado con prototipos andróxenos e pensamentos mixóxinos, que co rol e modelo preconcebido de comportamento que a sociedade espera da muller, dado que o máis rápido, máis alto e máis forte non deixa de ser unha sublimación da capacidade agonística do ser humano por superarse.

Aínda se lle dá pouca importancia á muller no deporte, a pesar dos esforzos pola igualdade. A este asunto déuselle moi pouca relevancia na Cuarta Conferencia Mundial das Nacións Unidas sobre a Muller celebrada en Beijing. A pesar dos esforzos por potenciar este tema, como foi a Conferencia Mundial sobre Muller e Deporte, é preciso seguir incidindo sobre esa realidade. Ao igual que se realizan accións encamiñadas a favorecer a igualdade de acceso aos recursos económicos ou ao emprego, débese actuar sobre a dimensión do deporte.

A discriminación da muller no deporte é unha das cuestións máis difíciles de detectar. Esta discirminación maniféstase claramente nunha menor posibilidade de acceso ao mercado profesional relacioando co deporte: entrenadores, preparadores físicos, ademais da discriminación que se produce polas diferencias salariais con respecto dos deportistas homes. Tamén hai que ter en conta a pouca importancia que lle outorgan os medios de comunicación ao deporte feminino, tendo deste xeito moi pouca cobertura mediática, e se a ten, en moitos casos, supón unha utilización sexista da muller no deporte. En canto as deportistas profesionais, está o feito da maternidade que condiciona a carreira dunha deportista de élite, e é moi difícil establecer unha relación entre entrenamento de competición e embarazo.

En definitiva, vemos como a discriminación contra a muller no deporte é un asunto complexo e difícil de abordar. Pero o deporte feminino debe desenvolverse igual que o masculino e a muller ten que ter iguais oportunidades no deporte, na política e no mundo científico.

Está constatado que as mulleres que practican deporte asumen mellor o seu corpo que as non practicantes, non se trata de que o deporte e a actividade física modifique o corpo, senón que aínda que este non se modifique, sexa asumido polas propias deportistas.

A profesora de filosofía do deporte Jene English estableceu uns beneficios básicos do deporte que consisten: na mellora da saúde, a afección polo exercicio e a ocupación de lecer. Estes beneficios deben potenciarse en todos os seres humanos, independentemente do seu xénero. Ademais, a práctica do deporte é decisiva na muller, dado que favorece a fixación de valores como a tenacidade e a competencia, que tan importantes son á hora de tomar posicións de liderazgo social.

No hay comentarios: